As saídas micolóxicas son actividades de divulgación que realizamos en espazos de especial interese de Galicia. Durante a saída de campo realizaranse explicacións in-situ sobre as especies vexetais e micolóxicas que se atopen durante a ruta e afondarase nas metodoloxías que se empregan para a identificación de cogomelos.
A intención destas saídas é dar a coñecer máis sobre a biodiversidade dos nosos montes. Son un tipo de saídas didácticas nas que non promulgamos a recollida de cogomelos, senón que pretendemos poñer en valor a diversidade micolóxica e botánica que hai nas diferentes rexións.
- Sábado 31 de Outubro. Silleda, Fervenza do Toxa, Carboeiro. De 11:00 a 13:00.
- Sábado 21 de Novembro. Santo Estevo de Ribas de Sil. De 11:00 a 13:00.
- Sábado 12 de Decembro. Muíños de Lugo. De 11:00 a 13:00.
O prezo da saída son 10 € e a inscrición poderá ser realizala mediante transferencia bancaria unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas para cada unha das saídas.