As plantas carnívoras deben deseñar múltiples estratexias co obxetivo de capturar as súas presas e no seu proceso de adpatación ao medio. Xa vos puxemos algúns exemplo destas estratexias, pero temos que comezar cun dos aspectos máis importantes: as adaptacións que xurdiron ao longo da súa historia evolutiva para poder capturar insectos e outros organismos, é dicir, o que adoitamos coñecer coma trampas.
Nesta ocasión imos falar de unha das estratexias de a captura de presas máis coñecidas das plantas carnívoras: as trampas “tipo cepo”.
Que especies posuen trampas tipo cepo?
Este tipo de trampas é quizais unha das máis coñecidas grazas á popular especie Dionaea muscipula (Venus atrapamoscas). Trátase dun conxunto de trampas que actúan coma se fosen o cepo dun cazador. Grazas a diversos mecanismos, como a presión hidrostática, os lóbulos das follas son capaces de pecharse a unha gran velocidade cando algúns dos pelos sensitivos que presentan é activado pola presa.
Aínda que a venus atrapamoscas é unha das especies máis representativas tamén existen outras que empregan esta estratexia de pechar os lóbulos como pode ser o caso do xénero Aldrovanda, que ademáis, é acuático.
Morfoloxía da trampa en Venus atrapamoscas
Tanto a especie Dionaea muscipula como o xénero Aldrovanda posúen unha folla que durante o seu desenvolvemento pode parecer normal, verde e alongada. No entanto, no ápice desta folla vaise formando pouco a pouco unha estrutura bilobular moi especial, que ao madurar, abre e conforma o ben coñecido “cepo” destas plantas.
Xeralmente, esta trampa ten unha coloración verde, ata que recibe suficiente insolación, que axudará a adquisición do popular ton vermello da mesma e que terá importantes implicacións na atracción de presas.
No caso da D. muscipula, ademais desta cor atraínte tamén se atopan na superficie das follas pequenas glándulas que xeran un dulce néctar, que favorecerá a chegada de insectos enganados que recorrerán a folla buscando este alimento.
Por outro lado, na cara interior dos lóbulos tamén hai uns tricomas ou pelos sensitivos, que serán os encargados de activar a trampa cando sexan rozados repetidamente polo insecto. Estes non son moi abundantes, e no caso da especie D. muscipula, soamente hai tres en cada lóbulo.
Pero todo isto non tería sentido se non fose porque a superficie da trampa está chea dunha gran cantidade de glándulas dedicadas á absorción de nutrientes, así como á emisión de encimas para dixerir á presa.
Como captura a Venus atrapamoscas as súas presas
O sistema de captura que posúe Dionaea muscipula semella moito ao movemento que ocorre en Mimosa pudica ao tocala.
As células dos lóbulos presentan unha cantidade de auga que se traslada activamente por diversos mecanismos, entre eles potenciais hídricos, cara o resto da folla, quedando nun estado de tensión que provoca que o lóbulos queden extendidos.
Cando un insecto toca os tricomas, prodúcese unha sinal eléctrica que se vai acumulando con repetidos contactos do mesmo, ao chegar a certo “nivel” de sinal, desencadénase a entrada inmediata e masiva de auga na estrutura da trampa, provocando o peche en menos de medio segundo.
Deste xeito, poderiamos dicir que en realidade a posición estable da trampa sería cos lóbulos pechados, manténdose coma no cepo dun cazador a tensión ata a liberación da mesma coa interacción da presa.
Unha vez atrapado, o desafotunado insecto segue movéndose e activando sinais nos tricomas, isto provoca que a trampa comenze a xerar, a través das súas glándulas dixestivas, as encimas que atacarán o exoesqueleto e órganos da presa, que serán absorbidos na superficie foliar.
Máis sobre as plantas carnívoras
As plantas carnívoras son aquelas que empregan nutrientes das presas que capturan sendo necesarias para un crecemento e unha reprodución, polo menos adecuada ou ideal.
Se queres saber máis sobre este grupo de plantas: cal é a súa distribución, a súa evolución, como se poden conservar ou simplemente informarte sobre novas entradas acerca deste grupo de plantas subscríbete ao noso boletín.
O noso compromiso coa educación ambiental de calidade está presente en todas as nosas actividades. Por iso, ao longo do ano realizamos obradoiros (actividades eminentemente prácticas), charlas divulgativas e saídas de campo. Co obxectivo de trasladar a ciencia a todos os públicos, especialmente a micoloxía, a botánica e os recursos naturais.